Benvidos á Academia de Vilalba

Esta web, promovida polos mozos e mozas exacadémic@s vilalbeses, pretende recoller pequenas historias para achegármonos á historia grande dun centro educativo que nos marcou de por vida á vez que nos preparou para uns tempos que se evidenciaron transcendentais (tranquilos ou convulsos) para o progreso dunha xente e dun país.

Nos anos corenta, cincuenta, sesenta… do pasado século puxéronse os cementos para os tempos de hoxe, e na Academia aprendimos (co esforzo e sacrificio que supón toda aprendizaxe) a camiñar, subindo chanzo a chanzo a escaleira sen fin do coñecemento, do saber no máis amplo sentido da palabra.

A páxina é de todos nós –antigos alumnos/antigas alumnas da Academia- e non so agardamos senón que pedimos encarecidamente a tod@s que nos axudedes a ir conformando o infinito puzle que nos vaia permitindo lembrar cada vez con máis coñecemento de causa o que vivimos na nosa etapa de membros activos da ACADEMIA SANTA MARÍA DE VILALBA.

Para información / consultas: xulio@galiciadigital.com / +34 676 456 461 / formulario de contacto.