Fraguas e os alumnos da Academia de Vilalba
A Real Academia Galega dedicou a Antonio Fraguas Fraguas o Día das Letras Galegas 2019, e con este motivo os seus antigos alumnos e amigos lucenses rendíronlle ao insigne profesor unha especial homenaxe para lembrar OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO.
A homenaxe consistiu nunha exposición Itinerante (que visitou Vilalba en agosto de 2019), un libro (Exposición e libro co mesmo título), e unha web (www.fraguasenlugo.org), que recolle íntegramente os contidos da exposición e do libro.
Impulsou a homenaxe o profesor Manuel Regueiro Tenreiro (que foi profesor do Instituto de Vilalba no final dos anos setenta), coa colaboración do historiador Antonio Prado Gómez, e dos antigos alumnos e amigos de Fraguas Xulián Parga, Paco Martín e Xulio Xiz.
A relación de Fraguas cos antigos académicos vilalbeses estableceuse a través do seu labor educativo no daquela Instituto Masculino de Lugo (actual Instituto Lucus Augusti), no que os rapaces vilalbeses eran examinados por un tribunal do que Fraguas formaba parte, e logo por el eran examinados nas materias de Xeografía e Historia. Este papel reflícteo Xulio Xiz no capítulo “Lembranzas” do libro-homenaxe.
Acceder a todos os contidos de “OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO”.